Programa Vilagarcía 100%: Actividades en Familia nos Espazos Naturais en Xullo
Programa de actividades nos espazo naturais 2025. Varias datas. Para residentes en Vilagarcía. Punto de encontro nos diferentes puntos de cada data. A continuación lee as condicións, o programa e a descripción de cada actividade:
Condicións da actividade:
Recomendacions
Programa e descripción de cada actividade:
Duración de 2 - 2.5 horas todas as actividades.
OBSERVANDO MACROINVERTEBRADOS. OS PEQUENOS HABITANTES DOS RÍOS
Aprenderemos sobre os ecosistemas acuáticos de auga doce e coñeceremos aos habitantes máis pequenos dos nosos ríos, como son os macroinvertebrados acuáticos. estes animais, moitas veces descoñecidos, son fundamentais para o oecosistema do río e ademais permítenenos avaliar o estado de saúde dun río.
INICIACIÓN O KAIAK
Actividade que se pode realizar en familia e que consiste nunha pequena travesía en kaiaks dobres pola contorna da praia Compostela e o archipélago de Cortegada. Previo a realización da travesía, incideremos nas medidas de seguridade e nunha pequena iniciación a actividade do kaiak.
COÑECE OS CANTOS DAS AVES. FABRICACIÓN DE CAIXAS NIÑO
Unha das características que nos poden chamar máis a atención sobre as aves é a súa habilidade para emitir sóns distintos. Ademais para a observación das aves, o recoñecemento dos seus cantos é unha ferramenta imprescindible para detectar a súa presenza. Os participantes fabricarán unha caixa niño como agasallo da actividade.
A MUSICA NA NATUREZA. CONSTRUCCIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS CON ELEMENTOS NATURAIS
Ao longo deste obradoiro procederemos a construir os nosos intrumentos musicais a partir de materiais naturais como canas, follas, etc. (e analizaremos o xeito de facelos con produtos máis actuais ao alcance de calquera). Tal e como se facían non hai moitos anos e que van desaparecendo co paso do tempo.
XINCANA HISTÓRICA POR VILAGARCÍA. XOGO DE PISTAS
Realización dunha xincana polo centro urbano de Vilagarcía, sobre o valor histórico, natural e patrimonial de Vilagarcía.