ACTIVIDADES NOS ESPAZOS NATURAIS VILAGARCÍA 100%

לְאַרגֵן: Ticket (, ראה את האירועים שלך )

 

Programa Vilagarcía 100%: Actividades en Familia nos Espazos Naturais en Xullo 

Programa de actividades nos espazo naturais 2025. Varias datas. Para residentes en Vilagarcía. Punto de encontro nos diferentes puntos de cada data. A continuación lee as condicións, o programa e a descripción de cada actividade: 

Condicións da actividade:

  • Actividade para persoas residentes en Vilagarcía
  • Podes facer unha reserva dun máximo de catro prazas para un total de catro persoas.
  • Cada persoa deberá ter unha reserva de praza e un ticket ao seu nome
  • Os menores deberán ir acompañados sempre dun tutor legal. Cada un coa sua reserva. 
  • A saida será a cada hora marcada dende cada localización marcada en cada actividade. Procurar acudir con suficiente antelación.
  • Calquera dúbida ou información, remitir a esta web ou no servizo de atención cidadá da plataforma Ticket Vilagarcía no Whatsapp 644692643
  • En caso de non poder acudir, é obrigatorio cancelar a praza con antelación na plataforma para que outras persoas poidan disfrutar da ruta. Se responsable: Non presentarse e non facer uso das prazas reservadas, pode dar lugar ao impedimento de reservar prazas en próximas actividades.

Recomendacions

  • É recomendable o emprego de roupa e calzado cómodo e adaptado o tempo previsto na data de realización da visita: gorra, protección solar, auga, etc..

 

Programa e descripción de cada actividade:  

Duración de 2 - 2.5 horas todas as actividades. 


OBSERVANDO MACROINVERTEBRADOS. OS PEQUENOS HABITANTES DOS RÍOS

  • Sab 05 xullo 11.00h 
    Actividade para familias
    no parque infantil do parque da Coca

Aprenderemos sobre os ecosistemas acuáticos de auga doce e coñeceremos aos habitantes máis pequenos dos nosos ríos, como son os macroinvertebrados acuáticos. estes animais, moitas veces descoñecidos, son fundamentais para o oecosistema do río e ademais permítenenos avaliar o estado de saúde dun río.  


INICIACIÓN O KAIAK

  •  Dom 06 xullo 10.30h
    Actividade para maiores de nove anos
    na praia situada en fronte do Hotel Carril 

Actividade que se pode realizar en familia e que consiste nunha pequena travesía en kaiaks dobres pola contorna da praia Compostela e o archipélago de Cortegada. Previo a realización da travesía, incideremos nas medidas de seguridade e nunha pequena iniciación a actividade do kaiak.

COÑECE OS CANTOS DAS AVES. FABRICACIÓN DE CAIXAS NIÑO 

  • Dom 13 xullo 10.30h
    Actividade para familias
    no Castriño, no Castro Alobre 

Unha das características que nos poden chamar máis a atención sobre as aves é a súa habilidade para emitir sóns distintos. Ademais para a observación das aves, o recoñecemento dos seus cantos é unha ferramenta imprescindible para detectar a súa presenza. Os participantes fabricarán unha caixa niño como agasallo da actividade.

A MUSICA NA NATUREZA. CONSTRUCCIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS CON ELEMENTOS NATURAIS

  • Dom 20 xullo 11.00h 
    Actividade para familias
    no piñeiral na praia da Concha

Ao longo deste obradoiro procederemos a construir os nosos intrumentos musicais a partir de materiais naturais como canas, follas, etc. (e analizaremos o xeito de facelos con produtos máis actuais ao alcance de calquera). Tal e como se facían non hai moitos anos e que van desaparecendo co paso do tempo.

XINCANA HISTÓRICA POR VILAGARCÍA. XOGO DE PISTAS

  • Dom 27 xullo 11.00h 
    Actividade para familias
    na zona de entrada do Auditorio Municipal 

Realización dunha xincana polo centro urbano de Vilagarcía, sobre o valor histórico, natural e patrimonial de Vilagarcía.