RUTAS A CORTEGADA VILAGARCÍA 100%

Antolatu: Concello de Vilagarcía (, Ikusi zure gertaerak )

Vilagarcía 100%. Rutas a Cortegada

Programa de actividades nos espazo naturais 2025. Varias datas. Para residentes en Vilagarcía. Punto de encontro no Porto de Carril.

Condicións da actividade:

  • Actividade para persoas residentes en Vilagarcía
  • Podes facer un máximo de catro reservas de praza para un total de catro persoas. Cada persoa deberá ter unha reserva de praza e un ticket ao seu nome
  • Os menores deberán ir acompañados sempre dun tutor legal. Cada un coa sua reserva. 
  • Para as rutas na Illa de Cortegada temos que solicitar a autorización do Parque Nacional, para iso solicitan o nome completo, a data de nacemento e no caso dos maiores de 14 anos o numero do DNI.
  • A saida será as 16.30h de cada data, no Porto de Carril. Procurar acudir con suficiente antelación.
  • Calquera dúbida ou información, remitir ao servizo de atención cidadá da plataforma Ticket Vilagarcía no Whatsapp 644692643
  • En caso de non poder acudir, é obrigatorio cancelar a praza con antelación na plataforma para que outras persoas poidan disfrutar da ruta.

 

Recomendacions

  • É recomendable o emprego de roupa e calzado cómodo e adaptado o tempo previsto na data de realización da visita: chuvasqueiro, gorra, protección solar, etc..
  • Na illa de Cortegada non hai ningún tipo de servizo de cafetería, etc. Polo que é recomendable levar auga ou o necesario para o tempo da ruta.
  • Lembra que a illa de Cortegada é un Parque Nacional e non hai contedores de lixo. Todo o que levemos teremos que traelo de volta, incluido residuos de calquera tipo.