Ruta Os Camiños Comezan no Salnés

Antolatu: Mancomunidade do Salnés - Concello de Vilagarcía de Arousa (, Ikusi zure gertaerak )

Ruta Os Camiños Comezan no Salnés: Coñece a Orixe de Todos Os Camiños

Ruta terrestre en autobús polos principais atractivos turísticos da comarca e Ruta Marítima Traslatio hacia Compostela con comida a bordo. Forma parte desta apaixioante historia. Percorre a Orixe de Todos os Camiños.

Hora de saida: 11.00h da mañá do sábado 7 de xuñocdende a parada na Praza da Peixería. Duración aproximada de la actividade completa: 5 horas

Actividade de balde. 110 prazas

Programa da actividade:

  • 11.00h Recollida na Praza da Peixería, na parada de autobus a carón da Oficina de Turismo. 
  • Inicio da Ruta Terrestre en autobús Tintilán cara ao Porto do Grove
  • Chegada ao porto e embarque para comenzar a Ruta Marítima Traslatio
  • Comida a bordo durante a travesía
  • Final da Ruta Marítima en Pontecesures 
  • Recollida en autobús Tintilán en Pontecesures e regreso ao punto da saida en Vilagarcía.

Condicións da actividade:

  • Actividade para persoas residentes en Vilagarcía
  • Podes facer un máximo de catro reservas de praza para un total de catro persoas. Cada persoa deberá ter unha reserva de praza e un ticket ao seu nome. En esta ruta, os nenos ata tres anos non ocupan praza e non e necesaria reserva ao seu nome. 
  • Os menores de 16 anos deberán ir acompañados sempre dun tutor legal, e unha autorización firmada, que lle será remitida por mail trala inscripción. 
  • É necesario indicar na inscripción calquera intolerancia alimentaria ou alerxía, que será tida en conta na elaboración da comida a bordo pola empresa organizadora.
  • A saida será as 11.00h do sábado 7 de xuño, na parada de autobus a carón da Oficina de Turismo na Praza da Peixería. Procurar acudir con suficiente antelación.
  • Calquera dúbida ou información, remitir ao servizo de atención cidadá da plataforma Ticket Vilagarcía no Whatsapp 644692643
  • En caso de non poder acudir, é obrigatorio cancelar a praza con antelación na plataforma para que outras persoas poidan disfrutar da ruta.