INAUGURACIÓN. EVENTO DENTRO DA PROGRAMACIÓN DO CURTAS FESTIVAL DO IMAXINARIO 2025
"AS MÁNS DE ORLAC" MUSICADO EN DIRETO POLO PIANISTA JORGE GIL ZULUETA
ENTREGA DE PREMIOS HONORÍFICOS A PACO PLAZA E TOMÁS HIJO
ESTREA MUNDIAL DA CURTAMETRAXE GALEGA "COSA MALA"
Proxección clásica AS MANS DE ORLAC, sesión acompañada ao piano por Jorge Gil Zulueta. Antes da longa proxección, entregaremos os premios aos convidados do festival deste ano Paco Plaza e Tomás Hijo, autores das exposicións que poderedes desfrutar na Sala Rivas Briones. Tamén proxectaremos a estrea mundial da curtametraxe gallega COSA MALA do director Gero Costas. Proxección especial da obra presentada na Sección Oficial Fantástica do festival.
PROGRAMA DE INAUGURACIÓN
AS MANS DE ORLAC
Longametraxe clásica
Alemaña | 1924 | 90 min.
Salón García. 24/10/2025. 20:30 h.
D. Robert Wiene
Orlac, un famoso pianista, perde as dúas mans nun accidente. Os médicos deciden transplantarlle as mans de Vasseur, un asasino condenado a morte. A operación é un éxito, pero a partir dese momento, o pianista comeza a sentirse superado por impulsos criminais. Ten pesadelos e ve a cara dun home que cre que é Vasseur…
COUSA MALA
Curtametraxe, Sección Oficial de Fantasía
España | 2025 | 10min
Estrea Mundial
Proxección: 25/10/2025: 20:30 h.
D. Gero Costas
Un mozo artista acepta un misterioso encargo que promete abrir moitas portas. As portas ábrense, pero non levan onde el pensa que levan. Contén a respiración e ten coidado cos tratos que aceptas.