EVENTO DENTRO DA PROGRAMACIÓN DO CURTAS FESTIVAL DO IMAXINARIO 2026
A HISTORIA INTERMINABLE
[GA]
🐉✨ Volve a Fantasía. Pero esta vez… deixa que a maxia te rodee.
Goza dunha forma MOI especial de volver vivir The Neverending Story (1984), o clásico de Wolfgang Petersen que nos fixo soñar de pequenos.
🎬 Unha proxección CURTAS SENSORIA.
Non só vas vela. Vas sentila.
E ata aquí podemos contarche. ✨
Lembras as Portas do Oráculo? Pois quizais chegou o momento de cruzalas outra vez.
E como sempre: de balde, porque a maxia mola moito máis cando non doe no peto. 😉
Bastian foxe do mundo real refuxiándose nas páxinas dun libro que o arrastra a Fantasía, un universo alucinante a piques de ser borrado do mapa por unha escuridade chamada a Nada.
Para salvar á Emperatriz Infantil, o guerreiro Atreyu terá que cruzar os Pantanos da Tristeza, enfrontarse a oráculos letais e sucar os ceos a lombo do dragón da sorte Fújur.
🌍 Proxección en español con subtítulos en inglés.
🎟️ Entrada de balde · Aforo limitado.
Para consultas o información sobre eventos e reservas, pode contactar co servizo de atención cidadá da plataforma Ticket Vilagarcía a través de Whatsapp no número 644692643