ABONOS ATLANTIC FEST E REVENIDAS. VGA 365

Organizar: Concello de Vilagarcía de Arousa (, Consulta os teus eventos )

 

ABONOS ATLANTIC FEST E REVENIDAS para persoas menores de 30 anos, de Vilagarcía, desempregadas e sen prestación económica

O Concello de Vilagarcía oferta 120 abonos do Atlantic Fest e o Revenidas para os vilagarciáns menores de 30 anos desempregados e que non cobren ningunha prestación. Os tíckets poderán descargarse a partir do luns 30 de xuño a través de ticket.vilagarcia.gal, e os usuarios terán logo que acreditar no Concello que cumpren cos requisitos para poder obtelos. 

As entradas poderanse adquirir a través da plataforma municipal (ticket.vilagarcia.gal) en dous tempos:

  • Ás 10.00 horas do luns 30 de xuño sairán os 60 abonos para o Atlantic Fest. 
  • Ás 12.00 horas do luns 30 de xuño sairán os 60 abonos para o Revenidas

Dentro de cada convocatoria estarán especificadas as bases, pero é importante salientar que, unha vez o usuario consiga o abono, terá 4 días para acudir ao Concello e demostrar que cumpre cos requisitos: estar empadroado en Vilagarcía, en situación de desemprego e sin prestacións económicas (certificados)

Si pasado este tempo non se acredita, o usuario perderá o abono que pasará automaticamente á seguinte persoa que quedase en lista de agarda, que terá tres días para presentar a documentación.

CONDICIÓNS 

Público:

  • Para persoas menores de 30 anos, de Vilagarcía, con tarxeta de desemprego e sin prestacións económicas. 

120 Abonos:

  • De conseguir un dos 120 abonos, cada persoa dispón de catro días: Dende o martes 1 de xullo ata o venres 4 de xullo, para acudir á Concellería de Turismo do Concello de Vilagarcía, e presentar a documentación requerida en vigor. Alí, comprobarase que a persoa está empadroada en Vilagarcía. Cada persoa poderá acceder a un abono en total. O abono é persoal e intransferible.
  • De non presentar a documentación a tempo, ou en caso de non cumprir algún dos requisitos, o seu abono será cancelado e adxudicado a outra persoa que esté na lista de espera. 

Lista de espera:

  • Unha vez esgotados os 120 abonos da inscripción, as persoas poden inscribirse na lista de espera do festival elexido. 
  • En caso de quedar abonos libres da primeira adxudicación por cancelación ou por incumprimento de condicións, estes abonos serán adxudicados en estricto orde ás persoas inscritas nesa correspondente lista de espera: Revenidas ou Atlantic Fest. 
  • Esto será comunicado a cada persoa beneficiada o sábado 5 de xullo, que disporá dun novo prazo: Dende o luns 7 de xullo ata o mércores 9 de xullo incluido, para presentar a documentación acreditativa indicada arriba.