RUTAS A CORTEGADA VILAGARCÍA 100%. SETEMBRO

Organiza: Concello de Vilagarcía (, Ver sus eventos )

Vilagarcía 100%. Rutas a Cortegada

Programa de actividades nos espazo naturais 2025. Varias datas. Para residentes en Vilagarcía. Punto de encontro no Porto de Carril.

Condicións da actividade:

  • Actividade para persoas residentes en Vilagarcía
  • Podes facer unha reserva dun máximo de catro prazas para un total de catro persoas nunha única data.
  • Cada persoa deberá ter unha reserva de praza e un ticket ao seu nome nunha única e soa data do total.
  • Os menores deberán ir acompañados sempre dun tutor legal. Cada un coa sua reserva. 
  • Para as rutas na Illa de Cortegada temos que solicitar a autorización do Parque Nacional, para iso solicitan o nome completo, a data de nacemento e no caso dos maiores de 14 anos o numero do DNI.
  • A saida será na hora marcada de cada data, no Porto de Carril. Procurar acudir con suficiente antelación.
  • Calquera dúbida ou información, remitir ao servizo de atención cidadá da plataforma Ticket Vilagarcía no Whatsapp 644692643
  • En caso de non poder acudir, é obrigatorio cancelar a praza con antelación na plataforma para que outras persoas poidan disfrutar da ruta.

 

Recomendacions

  • É recomendable o emprego de roupa e calzado cómodo e adaptado o tempo previsto na data de realización da visita: chuvasqueiro, gorra, protección solar, etc..
  • Na illa de Cortegada non hai ningún tipo de servizo de cafetería, etc. Polo que é recomendable levar auga ou o necesario para o tempo da ruta.
  • Lembra que a illa de Cortegada é un Parque Nacional e non hai contedores de lixo. Todo o que levemos teremos que traelo de volta, incluido residuos de calquera tipo. 


VISITA A ILLA DE CORTEGADA

  • Actividade: Todos os públicos.
  • Lugar: Illa de Cortegada.
  • Duración da actividade: 2,5 horas.
  • Idades: todos dos públicos.
  • Prazas: Máximo 30.
  • É preciso levar algún material. Aconséllase ó participante que veña equipado de:
    • Calzado adecuado para a actividade.
    • Roupa adecuada para a actividade.
    • Uso de gorro e protección solar se o precisa.
    • Auga, comida ou merenda se o precisa.
  • Descripción da actividade: Realizamos o traslado dende o porto de Carril ata a illa de Cortegada en embarcación. Unha vez na illa, percorreremos, de man do guía, os sendeiros autorizados desta illa do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia, e descubriremos os restos da súa aldea abandonada, a Ermida da Virxe dos Milagros, o seu bosque de loureiro, o máis importante de toda Europa… Gozaremos das súas vistas, dos seus recunchos escondidos.