PRÓXIMOS OBRADOIROS: COCIÑA DA RÍA CON XOANQUI AMEIXEIRAS

Organisieren: Concello de Vilagarcía (, Sehen Sie sich Ihre Veranstaltungen an )

-- Entrada libre. Non e necesaria reserva --

Os showcookings de Ameixeiras son unha iniciativa promovida pola Concellería de Turismo en colaboración coa de Promoción Económica e que se financia a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP). O obxectivo é poñer en valor a cultura mariñeira, neste caso a través da gastronomía ligada a este sector produtivo, e a cociña de proximidade. Ademais, ao realizarse na Praza de Abastos, actúa como actividade dinamizadora do mercado público e de promoción dos produtos que se poden atopar nel. Preme aquí para ver as receitas dos obradoiros anteriores

Recomendable confirmar asistencia

A edición deste ano dos obradoiros de cociña leva por título "O calendario da Ría na túa mesa". A a entrada é libre e de balde e aínda que non é necesario reservar, recoméndase confirmar asistencia a través de ticket.vilagarcia. A actividade celebrarase na zona gastronómica do mercado municipal (primeiro andar) e comezará ás 11:30 horas.