FESTA DA AMEIXA DO CARRIL

Organisieren: Confraría de Pescadores Santiago Apostolo de Carril (, Sehen Sie sich Ihre Veranstaltungen an )

 

XXX Festa Da Ameixa Do Carril 2025

Venda en liña de tickets para a Degustación de Ameixas á Mariñeira a partir das 12.00 da mañá domingo 10 de agosto de 2025.

Merca os teus tickets en liña e acude directamente as barras habilitadas, sin necesidade de pasar pola billeteira.

  • Non se admiten devolucións
  • Por favor, revisen os seus tickets antes de retiralos 
  • Prohibida a venda de alcohol a menores 

https://ticket.vilagarcia.gal/ (Concello de Vilagarcía de Arousa P3606000B) “A Plataforma”, xestiona a distribución de tickets por conta de Confraría de Pescadores Santiago Apostolo de Carril (G36012813) “O Organizador”, polo que queda eximido de calquera responsabilidade ou obrigación relativa ao evento. A recadación farase a través de pasarela de pago e conta bancaria vinculada e propiedade de “O Organizador”. “O Organizador” reservase o dereito de admisión, non se admiten cambios nin devolucions, o QR deberá ser lexible e completo, considerarase válido o primeiro QR presentado na data e hora indicada. Nas entradas nominativas poderase solicitar identificación. Sin gastos de xestión

PROGRAMA DO DOMINGO 10: FESTA DA AMEIXA

  • 11.30 Pasarrúas con Xirifeiros, Brisas do Río Ulla e Airiños do Carril
  • 12.00 Pregón a cargo do actor e humorista Carlos Blanco 
  • Presentación da XXX edición da Festa da Ameixa
  • Entrega de recoñecementos 
  • Actuación de Cristian Silva 
  • 12.30 Degustación da Ameixa (ata fin de existencias de tickets. Venta online)
  • 14.00 Actuación de Pablo Balseiro and The Verbenian Orquestra

PROGRAMA DO SÁBADO 9

  • 17.00 Regata de Vela Latina 
  • 21.30 Entrega de Premios II Concurso de Fotografía da Ameixa 
  • 22.00 Paella xigante con ameixas e berberechos do Carril, preparada polo chef Miguel Mosteiro 
  • Concerto de D'Crooners Band 

EXPOSICIÓN

  • Maqueta do Barco Santa Isabel - 'O Titanic Galego'