CANTaROUSA.

Organisieren: Concellería de Educación e o Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa (, Sehen Sie sich Ihre Veranstaltungen an )

 

As entradas para asistir ao I Cantarousa poderán retirarse, de forma gratuita, os días 22, 23 e 24 de abril nas instalacións do Conservatorio no horario de tarde. Cada persoa poderá retirar catro invitacións.

CantArousa é un encontro coral infantil impulsado pola Concellería de Educación e o Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa, dirixido ao alumnado de primaria dos centros educativos do concello.
O seu obxectivo é achegar a música ás nenas e nenos desde as primeiras etapas escolares, promovendo a creatividade, o traballo en equipo e a convivencia a través da expresión artística. Esta iniciativa, desenvolvida en colaboración cos centros escolares, busca tamén reforzar a identidade educativa de Vilagarcía con propostas propias e de calidade, creadas desde o Concello..